Silleda

domingo, 30 de mayo de 2010

Entrevista a un cidadán de Silleda


Para dar a coñecer mellor a realidade dos problemas humanos do concello de Silleda nada mellor que consultar con un habitante do concello de Trasdeza:

1º- Cre vostede que o problema do avellentamento da poboación en Silleda ten solución a corto prazo?

DC - Non ten solución porque a situación económica non permite invertir en temas socias e demográficos.

2º- Onde cre vostede que este problema é máis preocupante nos núcleos urbanos (Bandeira e Silleda) ou no rural e porque?

DC- Máis ben é no rural, porque a xuventude, xeralmente, tende a irse para as zonas urbanas deixando atrás a zona rural que tenderá a avellentarse máis rapidamente.

3º- Cal cre vostede que é a solución máis correcta para atallar este problema?

DC- Como xa espuxen antes este problema non ten solución, temos que facernos á idea de que imos perder poboación durante moitos anos.

4º- Considera vostede que as autoridades locais fan algo por resolver o avellentamento?

DC- Non fan nada, están demasiado ocupados roubando e levando comisións de obras. Non digo nada máis porque sería politicamente incorrecto a miña opinión e de outros moitos sobre o goberno silledense.

5º- Que opina sobre a inmigración en Silleda?

DC - Que veñan a Silleda moitos inmigrantes a Silleda non é nada bo na miña opinión. Dáse o caso en Silleda de que un colectivo de inmigrantes ven a traballar, mentres que outro colectivo importante se dedica a roubar aos que traballan, polo tanto... é un problema a ter en conta.

6º- Considera que xeran problemas (xenofobia, racismo, delincuencia) os colectivos inmigrantes? Algún en especial?

DC- Pois si, aínda que non a maioría, a incapacidade ou negación de adaptarse á vida da vila xera numerosos conflitos entre veciños e foráneos. Aclaro que non todos.

7º- Ve viable que o fluxo inmigrante en Silleda vaia a máis e porque?

DC- Viable non, non é que o vexa viable aínda que xa fai un tempo que non se asenta ningún inmigrante novo na vila, quizáis pola falta de traballo. Aínda que fose a máis en anos vindeiros para min non sería bo porque Silleda non é unha gran cidade e non pode soportar moita máis inmigración.



Moitas Grazas

sábado, 29 de mayo de 2010

Avellentamento e risco de despoboación


Á vista está que tralo problema do avellentamento no rural tamén vén da man o problema do despoboamento. Aparecen en Silleda máis de corenta núcleos con serio risco de abandono ou en grave regresión demográfica, son os seguintes:

Reboreda (Abades); Outeiriño e O Tellado (O Castro); Santa Baia e Vilacalva (Cira); Penido (Siador); Férveda, Portovello e Rañadoiro (Escuadro); Barreiro (Graba); A Casela, A Codeseira e O Souto (Lamela); Riobó (Laro); Bravil (Manduas); Cabana e Rabo de Gato (Moalde); Riobó (Negreiros); Marza (Oleiros); O Cruceiro, Redemuiños e Veiga (Parada); Cardesín, Outeiro e A Pallota (Refoxos); Curbeira (Rellas); Barradaos, Carracido, Pedralaxe e A Pena (Saídres); Barcia, Barro, Cóscaros, Costoia e Currelo (Siador); Costoia (Silleda); Ponche e Regueira (Taboada); e Fontelas e Río (Xestoso).

Mentres por outra banda aparecen xa despoboadas 8 núcleos: A Braña (Cira); Segade (Cortegada); Marín (Fiestras); Crestelle (Manduas); Freixeiro (Parada); Cartimil e Outeiro (Siador); e Reigosa (Xestoso).

Cal sería a solución máis correcta para evitar que calquera destes 40 núcleos en risco de abandono pasase a engrosar a lista de aldeas abandonadas?

Ó mesmo tempo que esto ocorre a sangría demográfica do rural do concello agrávase ano a ano sen que se poña remedio. Acaso a ninguén lle importa un rural baleiro ou avellentado?

Inmigración en Silleda, problema ou solución?


Como ben di un artigo de xullo de 2009 do Faro de Vigo, a poboación foránea no concello de Silleda, así coma na súa comarca está a incrementarse de maneira notábel nos últimos anos. Refléxase este feito tamén nas aulas de primaria e secundaria. En cifras a poboación estranxeira en Silleda é de 540 persoas censadas, o que nos dá a porcentaxe dun 5.83% da poboación total. Esta cifra supera amplamente a media de galega, que se coloca no 3.80%.
Este feito non tería maior importancia senón repercutise no aceptación deste colectivo. Son moitos os casos de xenofobia e de racismo que se están a dar en diferentes puntos do concello. Destacable tamén é a exclusión social e a marxinación á que moitos individuos destes colectivos sofren en Silleda.
Cal é a solución máis fácil a este problema?

Avellentamento en Silleda, problema a corto prazo?


O concello de Silleda, na provincia de Pontevedra, non deixa de ser un municipio dentro do interior de Galicia que manexa unhas taxas de mortalidade e natalidade máis baixas da provincia.

Para ver como se reflexan estes datos na estrutura da poboación é necesario tomar como referencia as porcentaxes de maiores de 65 anos e de menores de 15 anos. Por unha banda os menores de 15 anos só conforman o 10.81% da poboación. Mentres que por outro lado o 25.71% do total ten 65 ou máis anos. (Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/Silleda / http://www.ige.eu).

Estas cifras claramente dispoñen ao concello de Silleda como un dos máis avellentados de Pontevedra.

Agora ben, a política local non ten en conta este problema como unha das maiores complicación, no meu parecer, tanto a corto como a longo prazo.

A vella historia de vaciar escolas e encher residencias ten en Silleda un claro exemplo.

Se a administración do concello non fai nada para remediar isto... Quen se encargará cando teñamos unhas cifras de poboación na terceira idade que non garanticen o relevo xeneracional? (Feito que xa non está moi garantido)

E se se toman cartas no asunto... Que pode facer un concello pequeno coma o de Silleda, con 9.248 habitantes, para remediar este problema... resignarse a desaparecer ou loitar por non desaparecer do mapa?