Silleda

sábado, 29 de mayo de 2010

Avellentamento en Silleda, problema a corto prazo?


O concello de Silleda, na provincia de Pontevedra, non deixa de ser un municipio dentro do interior de Galicia que manexa unhas taxas de mortalidade e natalidade máis baixas da provincia.

Para ver como se reflexan estes datos na estrutura da poboación é necesario tomar como referencia as porcentaxes de maiores de 65 anos e de menores de 15 anos. Por unha banda os menores de 15 anos só conforman o 10.81% da poboación. Mentres que por outro lado o 25.71% do total ten 65 ou máis anos. (Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/Silleda / http://www.ige.eu).

Estas cifras claramente dispoñen ao concello de Silleda como un dos máis avellentados de Pontevedra.

Agora ben, a política local non ten en conta este problema como unha das maiores complicación, no meu parecer, tanto a corto como a longo prazo.

A vella historia de vaciar escolas e encher residencias ten en Silleda un claro exemplo.

Se a administración do concello non fai nada para remediar isto... Quen se encargará cando teñamos unhas cifras de poboación na terceira idade que non garanticen o relevo xeneracional? (Feito que xa non está moi garantido)

E se se toman cartas no asunto... Que pode facer un concello pequeno coma o de Silleda, con 9.248 habitantes, para remediar este problema... resignarse a desaparecer ou loitar por non desaparecer do mapa?

7 comentarios:

  1. 10/05/2010 Estou de acordo con todo o que dis, pero creo que o problema do avellentamento do rural é un problema que está presente en todo Galicia. Pero creo, que non lle afecta directamente o goberno de Silleda, debería encargarse de esto a Xunta de Galicia e tería que porse a mellorar o rural, porque de ahí sairon as raíces de todos os galegos. María Valiñas

    ResponderEliminar
  2. 10/05/2010 Primeiro hai que dar-lhe trabalho á xente na própria terra e a xente nom marchará. Estimular a calidade de vida no rural. Bulbasur

    ResponderEliminar
  3. 10/05/2010 Primeiro hai que dar-lhe trabalho á xente na própria terra e a xente nom marchará. Estimular a calidade de vida no rural. Bulbasur

    ResponderEliminar
  4. 10/05/2010 Eu penso q non solo é un problema da Xunta de Galicia, senon que teñen q colaborar todos. É certo que o avellentamento no rural non solo afecta a Silleda, senon a toda Galicia pero como ben di o artigo, é un dos concellos de Pontevedra con maior porcentaxe en canto a persoas da terceira idade.

    Se cada quen pon da sua parte e se loita por combatir cn esto, de seguro que se atopa algunha solucion a todo esto. Asi mesmo, pódese estimular a xente xove para colaborar e que se vexan implicados neste proceso, xa que dalgunha maneira ou outra a eles tamen lles afecta! Karina

    ResponderEliminar
  5. 19/05/2010 Esta situación non é por desgraza exclusiva de Silleda. Moitas localidades e concellos galegos atópanse actualmente nunha complicada situación demográfica caracterizada polo avellentamento da poboación, o escaso número de xoves e adultos e moi baixas taxas de natalidade, incluso nalgúns casos negativas. A solución e complexa e non todos os núcleos de poboación que existen actualmente teñen futuro, de feito xa existen numerosas aldeas pantasma.
    Penso que só sobrevivirán aqueles lugares que consigan dinamizarse e ser atractivos para a poboación que xa non quere vivir nas cidades, lugares que estean ben comunicados, dotados de servizos básicos e que ofrezan unha certa calidade de vida, solos máis baratos, etc.
    Outra solución pasa pola fixación de poboación inmigrante nestes lugares, para o que é necesario que haxa emprego e demanda de traballadores que se asenten nestes lugares contribuíndo a aumentala poboación.
    Mentres os concellos, deputacións, gobernos e cidadáns non se decaten do que supón este problema non existen solucións posibles.
    Sandra Vázquez

    ResponderEliminar
  6. 29/05/2010 Quizais a Xunta e o concello deberian propoñer axudas para que a xente se decida a quedar nas aldeas e non so irse para as cidades, pero tamen deben inculcar un pouco esa idea na sociedade na que viimos; xa que dene pequenos ás persoas que vivimos en aldeas inculcannos que debemos estudar, chegar a universidade e alcanzar unha vida ''mellor'' que a que tiveron os nosos pais.
    Pos iso non penso q todo erradique na Xunta senon tamen na nosa educación que parece que sempre o bo é o de fóra, por iso creo q primeiro debemos empezar por cambiar nós os ideais de que a aldea implica avellentamento, inutilidade, vacacions máis que vivenda ao longo do ano, etc e pensar en todos os beneficios que nos aporta vivir nun sitio pequeno como é a tranquilidade, a posibilidade de obter os alimentos da nosa propia man, etc patricia

    ResponderEliminar
  7. Pois a solución son as subvencións? pero cando se acaben as subvencións? Cantas aldeas de Silleda poden ter futuro sen subvencións?

    ResponderEliminar