Silleda

sábado, 29 de mayo de 2010

Avellentamento e risco de despoboación


Á vista está que tralo problema do avellentamento no rural tamén vén da man o problema do despoboamento. Aparecen en Silleda máis de corenta núcleos con serio risco de abandono ou en grave regresión demográfica, son os seguintes:

Reboreda (Abades); Outeiriño e O Tellado (O Castro); Santa Baia e Vilacalva (Cira); Penido (Siador); Férveda, Portovello e Rañadoiro (Escuadro); Barreiro (Graba); A Casela, A Codeseira e O Souto (Lamela); Riobó (Laro); Bravil (Manduas); Cabana e Rabo de Gato (Moalde); Riobó (Negreiros); Marza (Oleiros); O Cruceiro, Redemuiños e Veiga (Parada); Cardesín, Outeiro e A Pallota (Refoxos); Curbeira (Rellas); Barradaos, Carracido, Pedralaxe e A Pena (Saídres); Barcia, Barro, Cóscaros, Costoia e Currelo (Siador); Costoia (Silleda); Ponche e Regueira (Taboada); e Fontelas e Río (Xestoso).

Mentres por outra banda aparecen xa despoboadas 8 núcleos: A Braña (Cira); Segade (Cortegada); Marín (Fiestras); Crestelle (Manduas); Freixeiro (Parada); Cartimil e Outeiro (Siador); e Reigosa (Xestoso).

Cal sería a solución máis correcta para evitar que calquera destes 40 núcleos en risco de abandono pasase a engrosar a lista de aldeas abandonadas?

Ó mesmo tempo que esto ocorre a sangría demográfica do rural do concello agrávase ano a ano sen que se poña remedio. Acaso a ninguén lle importa un rural baleiro ou avellentado?

2 comentarios:

  1. 28/05/2010 Quería decir que na Reigosa aínda hai xente, eh!!
    Hai que decir que o "núcleo de poboación" está ubicado no concello de Forcarei, polo que a parte da Reigosa que pertence a Silleda é certo que non ten habitantes. E a parte de Forcarei quedará sen habitantes en poucos anos...
    Solución? Dende o meu punto de vista, o goberno debería impulsar a explotación do sector primario, porque tal e como están a facer hoxe en día a cousa ponse moi difícil para que a xente nova chegue a imaxinar un futuro exitoso se decide traballar no mundo rural.
    E, agora, subxectivamente, préstame decir que antes ou despois a xente volverá ao rural, a traballar a terra xa que dela é de onde sae o básico e sen o básico non hai nada.
    Saleta

    ResponderEliminar
  2. Temos que ser realistas!!! as aldeas despoboadas de Silleda eran viables cando a xente vivía da agricultura e ía ás feiras e á misa todos os días; e agora? pois isto mudou!

    ResponderEliminar