Silleda

sábado, 29 de mayo de 2010

Inmigración en Silleda, problema ou solución?


Como ben di un artigo de xullo de 2009 do Faro de Vigo, a poboación foránea no concello de Silleda, así coma na súa comarca está a incrementarse de maneira notábel nos últimos anos. Refléxase este feito tamén nas aulas de primaria e secundaria. En cifras a poboación estranxeira en Silleda é de 540 persoas censadas, o que nos dá a porcentaxe dun 5.83% da poboación total. Esta cifra supera amplamente a media de galega, que se coloca no 3.80%.
Este feito non tería maior importancia senón repercutise no aceptación deste colectivo. Son moitos os casos de xenofobia e de racismo que se están a dar en diferentes puntos do concello. Destacable tamén é a exclusión social e a marxinación á que moitos individuos destes colectivos sofren en Silleda.
Cal é a solución máis fácil a este problema?

5 comentarios:

  1. 24/05/2010 Este é un problema que sofren moitos municipios alén de Galicia, pero unha das razones dos conflictos que mencionas é seguramente debido a que aquí non estamos acostumados a ter que establecer este tipo de relación con xente de fóra.
    Creo que asi como nos costou a nos no pasado integrarnos nos lugares aos que emigramos, deberíamos facer por facilitarlle as cousas á xente que o único que quere é mellorar unha calidade de vida que antes non posuían.
    Ademáis, son xente xoven e emprendedora que de seguro aportará a Silleda e a outros concellos galegos a vitalidade que en moitos casos lles falta (por mor do avellentamento e despoboamento que mencionas no artigo anterior). Jorge Torres

    ResponderEliminar
  2. A poboación da comarca como de Galicia en xeral non poden esquecerse de que fomos un país de emigrantes como os que máis, e non se emigraba por ocio non, por necesidade. Agora toman o relevo este colectivo, que lonxe de crear problemas están a ocupar os postos máis baixos e os que os galegos rexeitamos. Que non se olviden de que os emigrantes todavía teñen tradicións pronatalistas que nos poden axudar a repuntala natalidade. E sobre todo, que non se olviden que son humanos con dereito ó traballo. tania amado

    ResponderEliminar
  3. Tania, pero onde poden vivir os inmigrantes de Silleda? por que van a Silleda e non a Lalín ou Santiago? poden repoboar as aldeas de Silleda? para que? como? de que van vivir? e os servizos públicos? poden contar con eles en aldeas illadas? xorden moitas preguntas;

    ResponderEliminar
  4. Para empezar os medios de comunicación e máis os nosos propios prexuizos e faladurías non axudan á integración deste colectivo que bastante choque cultural sofren ó emigrar. Penso que iso é o principal problema, non a vivenda, xa que aínda que non coñezo profundamente Silleda haberá casas baleiras como en todo o rural galego, non?
    Obviamente danlle maior dinamismo ó concello e respeto aos servizos públicos se non nos houbo ata agora quizá coa chegada deles e o conseguinte aumento de poboación, a administración se vexa obrigada a amplialos servizos, cousa que pode ser beneficiosa para todos. En que van traballar? se teñen sorte poden atopar traballo no polígono industrial que hai nas aforas, nas explotacións gandeiras ou seguramente nos traballos que non queiran os habitantes autóctonos.
    Respecto a porque non van a Lalín? Quen afirma tal cousa? No 2009, segundo O faro de Vigo case o 6 % da súa poboación é extranxeira.
    tania amado

    ResponderEliminar